Concello de Sanxenxo - O PRESIDENTE DE SEGITTUR, ENRIQUE MARTÍNEZ, PRESENTOU ESTA MAÑÁ AS CONCLUSIÓNS DO INFORME DE MONITORIZACIÓN DE INDICADORES DE TURISMO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sistematizar a medición con datos de consumos, chegada de turistas, ocupación hostaleira e mobilidade dos viaxeiros é clave para incrementar a sustentabilidade do sector turístico, segundo as principais conclusións do informe do estudo de monitorización elaborado por Segittur grazas a un convenio de colaboración asinado co Concello de Sanxenxo para realizar un estudo piloto.

Nun acto conxunto, o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, e o presidente de Segittur, Enrique Martínez, acompañados da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentaron as conclusións do informe no que se analizou o funcionamento do sistema de monitorización durante o seu primeiro ano de funcionamento no que participaron empresas concesionarias dos servizos municipais. Un acto no que Sanxenxo deixou claro o seu compromiso. "Temos claro que se Sanxenxo quere seguir sendo un destino turístico líder do norte de España só será posible se apostamos pola sustentabilidade e promovemos o uso responsable dos recursos", asegurou Martín e estableceu tres alicerces básicos de atención. "No noso caso o parámetro máis importante é o coidado das augas das dúas rías que nos bañan, pero sen esquecernos doutros aspectos importantes como é o tratamento dos residuos coa reciclaxe e a compostaxe, e a creación de plans para impulsar unha mobilidade e un consumo de enerxía máis eficiente".

Tanto Carmela Silva como Nava Castro incidiron na importancia de contar con datos que axuden a tomar "as decisión máis acertadas" con sistemas intelixentes que permitan "ter un coñecemento profundo do que acontece".

O sistema, que está accesible para todo o mundo desde a web de Turismo de Sanxenxo, convértese nunha ferramenta crave no proceso de toma de decisións para o deseño de medidas que mellorarán a eficiencia enerxética, redución do consumo da auga, así como das emisións de CO2.

Este sistema, que se enmarca dentro do proxecto de Destinos Turísticos Intelixentes, ten como obxectivo promover a competitividade e a transformación sustentable do sector, segundo explicou o presidente de Segittur, quen subliñou que a análise dos datos é clave para ter unha radiografía do destino que axude á mellora da xestión do destino e contribúa a un turismo máis sustentable.

Entre as conclusións do informe cabe destacar que máis do 37% das emisións de CO2 en Sanxenxo débense ao peso do turismo, derivado do impacto da mobilidade, o tratamento de augas e residuos. Unha pegada de carbono na que a mobilidade supón o 70%, o ciclo da auga o 2,905, os residuos e limpeza, o 0,38% e a electricidade, o 9,52%. O estudo fai tamén referencia ao "compromiso" demostrado por Sanxenxo coa firma do Plan de Acción para a Enerxía Sustentable e o Clima (Paces) que marcará a folla de ruta para reducir o CO2 en máis dun 40% en 2030.

0
0
0
s2sdefault