Concello de Sanxenxo - UN TOTAL DE 353 ESTABLECEMENTOS HOSTALEIROS BENEFICIARANSE DAS AXUDAS DIRECTAS HABILITADAS POLO CONCELLO DE SANXENXO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 
A repartición de subvencións, 1.000 euros por negocio, comezará de forma inmediata tras asinar un convenio coa Xunta para axilizar o proceso
 
O Concello de Sanxenxo repartirá en axudas directas e lineais 353.000 euros entre os establecementos hostaleiros do municipio por importe de 1.000 euros a cada un deles. Co obxectivo de axilizar a repartición de axudas e fixar os criterios para poder optar ás subvencións, o Concello asinou un convenio con Vicepresidencia da Xunta de Galicia e coa Consellería de Emprego e Igualdade que permitiu axilizar o proceso.
 
Até o momento concedéronse as axudas a 343 establecementos e 10 están pendentes de emendar a documentación que presentaron que se espera que o fagan nos próximos días. As achegas municipais chegan despois de que o goberno galego haxa concedido axudas por un importe de 2.293.215 euros a autónomos, microempresas, hostaleiros e outros sectores afectados polas restricións sanitarias.
 
0
0
0
s2sdefault