Concello de Sanxenxo - O CONCELLO DESTINARÁ 123.346 EUROS Á MELLORA DE VIARIAS E SINALIZACIÓN DO PARQUE EMPRESARIAL DE NANTES
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo acaba de recibir unha subvención da Consellería de Economía coa que se sufragará o 80% da actuación
 
Mellorar os viarios,a sinalización e as canalizacións son as actuacións que o Concello de Sanxenxo acometerá cun orzamento de case 124.000 euros. O 80% do investimento será financiada cunha axuda da Consellería de Economía e o outro 20% con fondos municipais.O prazo de execución das obras fíxase en dous meses.
 
A actuación contempla un fresado e pavimentación de zonas onde os firmes atópanse máis deteriorados; a reposición de bordos de formigón que forman parte da drenaxe dos propios viarios; a restauración dalgunhas beirarrúas, así como a instalación de nova sinalización vertical e horizontal. Os traballos suporán unha importante mellora tanto na imaxe como na seguridade viaria do espazo empresarial.
 
O parque empresarial de Nantes conta con 243 parcelas, 20 son municipais, e o resto, 223 son para actividades de distinto tipo tanto comercial como industrial. Na actualidade, as parcelas con actividade, licenza concedida e en construción ou tramitación suman 63.000 metros cadrados do total dos 355.000 dispoñibles para a actividade económica.
 
0
0
0
s2sdefault