Concello de Sanxenxo - SANXENXO VOLVERÁ A SER SEDE DE DO CAMPUS DO ATLÉTICO DE MADRID ESTE VERÁN
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo volverá ser, por décimo ano, sede de dous dos campus que o Club Atlético de Madrid realizará este verán en Galicia. O primeiro terá lugar a próxima semana do 19 ao 24 de xullo e o segundo do 26 ao 31 de xullo, de luns a sábado, e de 9:30 a 14 horas. O campo da Lanzada é o espazo elixido para realizar a formación deportiva.
 
O prezo da matrícula por campus é de 180 euros, pero para os participantes de anos anteriores e os empadroados en Sanxenxo será de 170 euros. E a cota baixa ata os 160 euros para irmáns dos participantes. Os interesados poderán informarse na Casa de Don Fernando para a inscrición ou chamando ao teléfono 986 72 42 97. Tamén poden baixarse a folla de inscrición da web do club e enviala xunto ao xustificante do pago ao correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. A matrícula inclúe unha valoración técnica, un equipamento do campus, un diploma acreditativo e fotografías.
 
Debido á actual situación sanitaria, a organización implantará nos dous campus un estrito protocolo de medidas de prevención sanitaria para garantir a saúde dos seus alumnos e persoal deportivo. Os nenos estarán organizados en grupos reducidos burbulla e o uso da máscara será obrigatorio en todo momento. Á entrada, rexistrarase aos participantes, tomaráselles a temperatura, limparase a sola dos zapatos e utilizarase xel desinfectante para as mans.
 
Os programas están axustados a cada idade, de 5 a 16 anos, incluíndo actividades lúdicas e educativas en ambientes dinámicos e participativos. A organización subliña que se van a "fomentar valores como a solidariedade, o compañeirismo e a igualdade".
0
0
0
s2sdefault