Concello de Sanxenxo - O CONCELLO MELLORARÁ A SEGURIDADE VIARIA NUNHA DAS SAÍDAS DA PRAIA DE CANELAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A actuación valorada en 17.000 euros permitirá ensanchar o viario tras a cesión da parcela que linda co camiño
 
 
 
Mellorar a seguridade viaria nunha das saídas da praia de Canelas. Ese é o obxectivo da actuación que o Concello de Sanxenxo está a levar a cabo nun dos accesos do areal. A obra consiste nun ensanche do camiño municipal, grazas a unha cesión do propietario da parcela lindeira, e no posterior asfaltado. A obra, que ten un custo de 17.000 euros, prevese que conclúa a próxima semana e duplicará o ancho actual do camiño.
 
Con esta actuación continúase coa planificación do goberno local para a mellora de seguridade viaria nos accesos aos areais que habitualmente no verán congregan a un gran número de vehículos e peóns. Na praia de Canelas, no outro punto de acceso xa se habilitou o pasado verán unha senda peonil para garantir o paso seguro das persoas ao areal.
0
0
0
s2sdefault