Concello de Sanxenxo - REPRESENTANTES DE SEIS MUNICIPIOS CANARIOS VISITAN SANXENXO PARA COÑECER UN MODELO DE COLECTORES PIONEIRO EN ESPAÑA NA RECOLLIDA SELECTIVA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O concelleiro de Medio Ambiente, Juan Deza, acompañado de responsables da empresa Molok explicou o sistema de funcionamento e o resultado da súa implantación no municipio desde hai un ano
 
Representantes de seis municipios canarios visitaron onte Sanxenxo para coñecer o modelo de colectores implantados no municipio desde hai un ano e que son pioneiros en España na recollida selectiva. O concelleiro de Medio Ambiente, Juan Deza, xunto ao responsable da firma de colectores Molok en Canarias, Domingo Muñoz, explicaron o sistema de funcionamento e os resultados obtidos no tratamento de residuos aos responsables dos municipios de San Miguel de Abona, Arico, El Paso, Güímar, Breña Alta e Los Llanos de Aridane.
 
Sanxenxo conta, nestes momentos, con cinco illas de colectores semisoterrados da firma Molok, dúas delas con sistema domino que supón a ocupación de menos superficie sen que se reste capacidade debido ao seu formato cadrado. Un modelo de colectores que se implantaron en Sanxenxo nunha clara aposta pola innovación e a mellora na xestión de residuos con ata recollida de cinco fraccións e a posibilidade de ir incrementalas.
 
O concelleiro Juan Deza destacou o "deseño, fácil instalación e escaso mantemento" como vantaxes deste modelo de colectores que se alternan no municipio cos de formato verde tamén "cun moi bo rendemento". Na mesma liña, o edil sinalou que, este sistema de colectores, facilitan a reciclaxe e o tratamento de residuos o que está a permitir obter moi bos resultados.
 
Pola súa banda, Domingo Muñoz, destacou que se trata dun modelo de colectores "que están a ter unha moi boa aceptación en municipios turísticos porque supoñen unha mellora da imaxe tanto por estética como por hixiene", explicou. Ao tratarse de colectores semisoterrados, as tres cuartas partes do colector están enterradas, e mantén os residuos a baixa temperatura polo que se "minimizan nun alto grao os cheiros".
0
0
0
s2sdefault