Concello de Sanxenxo - ARRA VOLVERÁ A PRESUMIR DE PARROQUIA CO VI CERTAME DE PINTURA RÁPIDA O PRÓXIMO 8 DE AGOSTO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Concello e organización acordaron o incremento de premios e contía nesta edición para responder ao nivel de calidade das obras presentadas

Sanxenxo volverá presumir de paraxes no VI Certame de Pintura Rápida de Arra que terá lugar o próximo 8 de agosto. A concelleira de Cultura, Paz Lago, xunto ao presidente da Asociación Cultural San Cayetano de Arra, Bruno Vidal, e membros da directiva presentaron esta mañá a cita no patio interior do Priorado. Un evento que cada ano incrementa tanto o número de participantes como a calidade das obras. De feito, este ano a organización decidiu incrementar o número de premios, así como a contía que roldará os 2.000 euros.

"Este certame é unha das citas artísticas máis importantes que temos non noso concello no que participan veciños e visitantes, pero, ademais, conseguimos obter unha colección de pinturas de gran calidade de recunchos e espazos que nos permite reconstruír a parroquia antiga de Arra", asegurou a concelleira de Cultua, Paz Lago.

A inscrición na actividade será gratuíta e poderá realizarse a través do correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. . Tamén se pode facer o mesmo día do certame de 9 a 11 na zona de acceso da praia de Montalvo. Aínda que estilo e técnica son libres, a organización marca a temática, que versará sobre a parroquia antiga de Arra e os seus arredores co obxectivo de pór en valor a súa riqueza paisaxística e cultural. Por iso as obras deben ser realizadas "in situ", dentro dos límites de Arra. Os organizadores facilitarán aos participantes un plano da mesma, para que comuniquen o lugar onde se atopan e así comprobar a evolución da obra. As bases establecen dúas categorías, a infantil, para nenos de entre 13 e 16 anos, e outra de adultos a partir desta idade.

A categoría de adultos, a partir dos 17 anos, contará, por primeira vez, cun primeiro premio de 800 euros, un segundo de 400, e un terceiro de 250 euros. Mentres que a infantil, ata doce anos, repartirá un primeiro premio de 100 euros e un segundo de 50. Entre 13 e 16 anos, haberá un único premio de 150 euros. As vinte e cinco primeiras inscricións recibirán un bono gratuíto para o Racing Dakart Sanxenxo ou o Aquapark Sanxenxo. Os lenzos entregaranse asinados, acreditando a súa autoría, antes das 19 horas no Priorado de Arra.

O presidente do colectivo asegurou como mostra do interese espertado pola cita que "moitos participantes que non coñecen ben a parroquia, veñen días antes para percorrer a zona e elexir o lugar que queren pintar".

Os soportes non terán ningún límite nas súas dimensións, pero deberán ser a unha soa cor e sen texturas. As acuarelas deben presentarse en soporte ríxido. O material necesario para realizar a pintura correrá a cargo dos participantes.

O xurado, formado polo mundo das artes, representantes municipais e da Asociación San Cayetano de Arra, farán público o seu fallo ás 20:30 horas o propio día do certame.

BASES VI Certame de Pintura Rápida Arra como antiga parroquia 08/08/21

LUGARES DE INTERESE PARA PINTAR

 

 

0
0
0
s2sdefault