Concello de Sanxenxo - A PISCINA MUNICIPAL CONTARÁ A PARTIR DE SETEMBRO CUNHA NOVA SAUNA MÁIS AMPLA E ACRISTALADA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A nova instalación ten un custo de 12.353 euros e substituirá á anterior que tiña unha antigüidade de 17 anos
 
A piscina municipal contará a partir do mes de setembro cunha nova sauna máis ampla e moderna que substituirá á anterior que tiña unha antigüidade de 17 anos. A nova instalación terá capacidade para 8 persoas e a cabina será de madeira de abeto. A fachada frontal será toda acristalada e contará con dous niveis de bancos con luces led. O investimento nesta instalación será de 12.353 euros.
 
A mellora deste servizo súmase ás actuacións xa realizadas nas instalacións municipais ao longo deste ano e que se puideron xa estrear coa súa reapertura o pasado mes de maio. Así se renovou a maquinaria do ximnasio que permitiu habilitar dúas zonas novas, unha funcional e outra de abdominais e estiramentos. Nos vestiarios, colocáronse novos armarios e instaláronse biombos nas duchas. 
 
Na piscina renovouse o sistema de impulsión de aire e colocáronse dúas novas duchas na piscina pequena. En todos os espazos realizouse un pintado xeral, un rexuntado de plaquetas e un cambio no sistema da iluminación a luces tipo LED, así como a limpeza de todos os condutos de ventilación e renovación de imaxe nas diferentes zonas.
 
En todo caso, a posta en marcha da nova sauna dependerá das restricións sanitarias que marquen as autoridades polo Covid, unha vez estea xa instalada.
0
0
0
s2sdefault