Concello de Sanxenxo - A XESTIÓN DO VOLANTE E CERTIFICADO DE EMPADROAMENTO PODERASE TRAMITAR POR SEDE ELECTRÓNICA A PARTIR DE OUTUBRO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A finais de setembro entrará en funcionamento a nova oficina virtual tributaria que permitirá o pago de recibos as 24 horas do día e os 365 días do ano
 
O Concello de Sanxenxo mellorará a atención ao cidadán coa posta en marcha dunha nova plataforma que permitirá enriquecer a actual sede electrónica municipal. A partir do 13 de outubro os veciños poderán realizar a xestión do volante e o certificado de empadroamento vía dixital, unha forma máis áxil, rápida e cómoda.
 
Para realizar este tipo de trámites será necesario dispor dalgún dos documentos electrónicos de identificación (DNI electrónico, certificado electrónico ou clave). Tamén se porá a disposición das cidadán instancias para os distintos tipos de procedementos administrativos. O novo xestor de expedientes Gestiona de es.Publico, utilizado por máis de 2.500 concellos, vai unido a un tpv virtual para a realización de autoliquidaciones para obter, por exemplo, o certificado de empadroamento ou calquera tipo de trámite que implique un pago en Urbanismo sen necesidade de desprazarse a unha entidade bancaria..
 
A modernización dixital tamén inclúe a apertura dunha oficina virtual tributaria a través dun novo programa de recadación para o Concello de Sanxenxo e o Organismo Autónomo de Terra Sanxenxo que permitirá a realización de pago de taxas e impostos municipais as 24 horas do día e os 365 días do ano. Ademais, co certificado dixital, calquera veciño poderá consultar os recibos pendentes e o estado de débedas coa administración local.
 
O novo programa. Etensis, incluirá ademais un apartado de avisos onde se reflectirán o calendario fiscal cos períodos de cobro e as ordenanzas vixentes. Activarase unha pasarela de pagos para que se poida efectuar o abono a través dun código de barras que aparecerá nos recibos en canto se poña en marcha a finais do mes de setembro.
 
0
0
0
s2sdefault