Os traballos comezaron este fin de semana coa retirada da herba artificial en rolos de 2x30, limpos de area e caucho
Unha das empresas máis potentes de Europa no sector do céspede artificial, Fieldturf Poligras, será a encargada da subministración e instalación do céspede do campo de fútbol do Revel en Vilalonga.
O Concello investirá 288.208 euros a través da modalidade de renting nun período de 5 anos. O céspede artificial que se colocará no campo reduce ata un 47% a porcentaxe de lesións importantes e ata un 25% o total de lesións, segundo un estudo de incidencia, mecanismos e gravidade das lesións no fútbol colexiado masculino durante partidos.
A compañía encargada da instalación dos campos do PSG ou da Cidade Deportiva do F.C. Barcelona concluirá esta mesma fin de semana os traballos de retirada do céspede actual en rolos de 2x30, limpos de area e caucho, que se reutilizarán cun uso diferente ao actual. Tras estes labores, iniciarase a colocación do sistema de rega con seis aspersores con turbina de longo alcance, sete electroválvulas de fibra de vidro, seis pezas e seis conectores estancos con xel de illamento. A previsión é que o novo terreo de xogo estea listo para a práctica deportiva a última semana de setembro. Os clubs que está previsto que adestren neste terreo de xogo son o Vilalonga CF, Libertad Sporting Club, Viaxes Interrías Fútbol Feminino e varios equipos veteranos.
O modelo de céspede elixido aúna dúas fibras da mellor calidade: As fibras Core de monofilamento con fibras de película plana de alta durabilidad. O resultado é un sistema de xogo de gran equilibrio. Ademais, presenta un núcleo endurecido, para ofrecer unha resistencia e durabilidad extraordinarias, e unha capa exterior máis suave que garante a mellor comodidade e interacción entre o xogador e a superficie.