Desde o vindeiro luns, 4 de outubro e ata o venres 15, permanecerá aberto o prazo de solicitude de prematrícula para a obtención do Graduado en ESO. A matrícula formalizarase posteriormente do 18 ao 22 de outubro.
Ambos os trámites poderanse facer no Usos Múltiples de Portonovo en horario de 20.30-22.30 h.
As actividades de preparación para a obtención do graduado en ESO teñen como obxectivo primordial favorecer a promoción persoal, social e laboral e está destinado a persoas de máis de 17 anos que teñan ou non o graduado escolar. Lévase a cabo en cooperación co Centro de Educación Permanente de Adultos (EPA) de Pontevedra onde o alumnado está matriculado na modalidade a distancia e onde será avaliado.
A través deste programa o Concello de Sanxenxo ofrece ao alumnado matriculado os seguintes servizos:
- Mediación co Centro EPA Río Lerez de Pontevedra nas xestións de Secretaría (formalización de matrículas, petición de certificados, recollida e entrega de cualificacións...)
- Preparación de temarios, clases e resumos sobre os contidos a impartir; corrección de traballos, exercicios ou probas-ensaio.
- Docencia directa das materias
- Atención ao alumnado fóra do horario lectivo.