Concello de Sanxenxo - MARCONSA EXECUTARÁ A MELLORA DE PAVIMENTACIÓN E SINALIZACIÓN DO PARQUE EMPRESARIAL POR 84.700 EUROS E UN PRAZO MÁXIMO DE 40 DÍAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 
O Concello recibiu un total de dez ofertas para a realización destas obras financiadas ao 80% pola Consellería de Economía e o 20% con fondos municipais
 
Marconsa executará as obras de mellora da pavimentación e sinalización do parque empresarial de Nantes. A súa oferta económica, 84.700 euros, supón unha rebaixa de 38.643 euros respecto ao prezo de licitación, 123.343 euros. A adxudicataria comprométese a realizar os traballos nun prazo máximo de 40 días e tamén a acometer as dúas melloras que se inclúen no prego de condicións e que fan referencia á calidade dos materiais a empregar na mellora. A actuación que será financiada pola Consellería de Economía ao 80% e o restante 20% achegarao o Concello de Sanxenxo recibiu un total de 10 ofertas.
 
A mellora contempla un fresado e pavimentación de zonas onde os firmes atópanse máis deteriorados; a reposición de bordos de formigón que forman parte da drenaxe dos propios viarios; a restauración dalgunhas beirarrúas, así como a instalación de nova sinalización vertical e horizontal. Os traballos suporán unha importante mellora tanto na imaxe como na seguridade viaria do espazo empresarial.
O parque empresarial de Nantes ten 280 parcelas, das que 21 son municipais e 259 para actividades de tipo comercial e industrial. Na actualidade, as parcelas con actividade, licenza concedida e en construción ou tramitación suman 67.646 metros cadrados do total dos 355.000 dispoñibles para a actividade económica.
0
0
0
s2sdefault