Concello de Sanxenxo - DESVALIXAN O PARQUE INFANTIL DE SOUTULLO E ESNAQUIZAN TRES LUMINARIAS NO PARQUE DE PANADEIRA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O concelleiro de Medio Ambiente, Juan Deza, interporá hoxe mesmo unha denuncia ante a Garda Civil para que investigue os feitos
 
Completamente desvalixado, así apareceu o parque infantil de Soutullo en Noalla. Os respaldos de 8 bancos de madeira, os asentos de columpios con cadeas incluídas, redes e parte do valado desapareceron do espazo infantil con apenas un ano de antigüidade. 
 
O concelleiro de Medio Ambiente, Juan Deza, acudiu ao parque esta mesma mañá con persoal de Parques e Xardíns para valorar os danos cuxo valor poderían ascender a 3.000 euros. A reparación dalgúns elementos poderase realizar con operarios municipais. Desde o goberno apélase ao civismo e ao coidado dos espazos públicos xa que estes danos e roubos repercuten nas arcas públicas de todos os veciños e veciñas do municipio.
 
O concelleiro de Medio Ambiente interporá hoxe mesmo unha denuncia na Garda Civil para que investigue os feitos e poida dar cos autores do roubo dos elementos de espazo lúdico infantil. Ademais, tamén fará constar a rotura de tres luminarias de chan do Parque Panadeira durante a pasada fin de semana. A ordenanza de convivencia cidadá tipifica este tipo de comportamentos como moi graves o que podería levar unha sanción de entre 400 e 600 euros, ademais da obrigatoriedade de asumir a reparación ou substitución do elemento danado
 
O goberno estuda a posibilidade de prohibir a estancia nocturna nos parques infantís para evitar algúns actos vandálicos que se están cometendo durante as noites. E é que en ambos os espazos detectáronse restos de botellón con botellas, vasos e bolsas de plástico polo chan.
 
VALLA Y ELEMENTOS ROTOSCOLUMPIOS SIN ASIENTOS
0
0
0
s2sdefault