Faranse circuítos diferenciados de ducha, material e espazo polos niveis que se estean impartindo como medida de prevención
Os cursos de natación infantil e de bebés arrinca esta tarde cunha gran demanda de usuarios. Hai un total de 310 inscritos e 105 cursillistas en lista de espera en Infantil Iniciación e en Bebés. Aínda quedan prazas libres nos cursos de Infantil Iniciación 2 e en Perfeccionamento. O límite de aforo das instalacións tanto do ximnasio como da piscina é do 90%. No caso dos cursos, nestes momentos, xa non hai restricións para o número de asistentes. Aínda así, o Concello, prefire ir abrindo paulatinamente o aforo dos cursos para garantir unha maior seguridade sanitaria e mantén grupos burbulla de 8 ou 9 alumnos por actividade.
A actividade formativa retómase con circuítos diferenciados de ducha, material e espazo en función dos niveis que se estean impartindo na piscina. O uso de máscara será obrigatorio en todo momento, excepto na entrada á auga, e as duchas dos vestiarios mantéñense pechadas por ser os seus usuarios, neste caso, poboación menor de 12 anos que aínda non está vacinada.
Os cursos de natación de adultos (Iniciación, Perfeccionamento e Actividade Física Acuática Terapéutica) comezan o vindeiro luns, 25 de outubro. As actividades dirixidas a Aerobic, Ximnasia de Mantemento e Acuagym empezarán en novembro.
Ximnasia maiores
A actividade deportiva para os maiores do municipio arrinca mañá no pavillón de Baltar con 80 usuarios, divididos en dous grupos. A aposta por fomentar un hábito de vida saudable e o deporte entre os maiores do municipio ten cada ano unha gran acollida. Este ano xa hai inscritos un total 120 maiores das sete parroquias. Os interesados en participar nesta programación da Concellería de Deportes poden facelo chamando á piscina municipal 986 720 100.
COMEZAN OS CURSOS DE NATACIÓN DE INFANTIL E DE BEBÉS CON 105 CURSILLISTAS EN LISTA DE ESPERA
powered by social2s