Concello de Sanxenxo - O PAVILLÓN DE BALTAR CONTARÁ CUNHA NOVA PANTALLA DE VÍDEO MARCADOR DE ÚLTIMA XERACIÓN
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O novo equipamento deportivo ten un custo de 22.985,16 euros e será financiada entre a Secretaría Xeral do Deporte e o Concello

O pavillón de Baltar contará, en breve, cunha pantalla de vídeo marcador de última xeración na que se poderán proxectar imaxes, ademais da súa función como indicador de puntuación. O novo equipamento deportivo ten un custo de 22.985,16 euros e será financiada entre a Secretaría Xeral do Deporte e o Concello tras a firma dun convenio.

A pantalla terá unha dimensión de 9,5 metros de alto, cunha alta luminosidade e un amplo ángulo de visión  para unha óptima visualización desde calquera punto do pavillón nas distintas competicións deportivas que se disputen nas instalacións. O equipamento contará con dous softwares, un deportivo que permitirá converter a pantalla led nun marcador electrónico adaptado ás distintas disciplinas e un multimedia, para o uso da pantalla de led. Tamén terá dúas consolas, unha central de puntuación que permitirá elixir a disciplina deportiva que se vai a controlar e outra de tempo para controlar o período de xogo. A bucina activarase de forma automática cando funcione como marcador.

A empresa adxudicataria Raher Audiovisual instalará o novo equipamento nos próximos días, substituíndo ao actual marcador.

0
0
0
s2sdefault