Concello de Sanxenxo - O AUDITORIO ACOLLE ESTE SÁBADO O VIII CAMPIONATO GALEGO E NORTE DE ESPAÑA BODY SPORT TEAM E O I OPEN NACIONAL DE CULTURISMO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 
 
Máis de 40 competidores inscribíronse nas probas nas que se repartirán máis 3.000 euros
 
Sanxenxo acollerá este sábado o III Campionato Galego e Norte de España Body Sport Team e o I Open Nacional de Culturismo no Auditorio Emilia Pardo Bazán. A organización xa conta con 42 inscritos, chegados desde distintos puntos do territorio nacional, e o prazo seguirá aberto ata o mesmo día do torneo nos teléfonos 886 21 22 72 e 677 85 99 77. Ambas as probas repartirán un total de 3.270 euros en metálico e en vales de compra.
 
O concelleiro de Deportes, Daniel Arosa, e un dos organizadores, Julio García, presentaron esta mañá o cartel das probas que se celebran, por primeira vez, en Sanxenxo. "Estamos encantados de que Sanxenxo sexa a sede destes torneos e agardamos que se siga apostando polo noso municipio para ampliar o noso abano deportivo", apuntou Arosa.
 
Entre os competidores atópanse campións internacionais como Cristhian Duarte, David Llopis, Rosa Mas ou Juan Adrover que serán valorados xunto ao resto de concursantes por un total de 9 xuíces. O evento deportivo dará comezo ás 10 horas coa recepción e a pesada dos participantes, pero a proba en si empezará ás 16 horas. 
 
Os interesados en acudir poderán comprar a entrada de forma anticipada na tenda Body Sport Nutrición Deportiva por 10 euros ou en taquilla por 12 euros.
 
No Open estableceranse ata seis premios: O 1º con 800 euros, o 2º con 500 euros, o 3º con 400 euros, o 4º con 150 euros, o 5º con 120 euros e o 6º con 100 euros. En canto ao campionato, repartiranse 1.200 euros en vales compra.
0
0
0
s2sdefault