A Concellería de Medio Ambiente conta xa cun informe coas actuacións de mellora previstas nos areais a curto e medio prazo
Dixitalizar os carteis informativos das praias, habilitar áreas recreativas nas contornas dos areais, entre elas unha no singular piñeiral de Baltar ou crear un sinal identificativo propio para cada praia do municipio son algunhas das actuacións recollidas nun informe da Concellería de Medio Ambiente para executar a curto e medio prazo. O obxectivo do goberno é seguir mellorando e coidando uns espazos naturais dos que xa son referentes tanto polos súas variadas e bonitas paisaxes, como pola calidade das súas augas, algo que unido á ampla oferta de servizos permitiron a Sanxenxo ostentar o título de municipio con maior número de bandeiras azuis de España, 17.
O proxecto de dixitalización nas praias e que permitirá eliminar a cartelaría actual e concentrar a información relevante de cada praia nun código QR. O usuario da praia tan só ten que ler o código a través do seu smartphone para acceder á información actualizada do que necesita. A Concellería de Medio Ambiente quere tamén iniciar este verán a creación dunha sinalización propia para cada praia que se converta nun elemento identificador do areal como xa ocorre con Bascuas. Potenciar as contornas das praias é outros dos obxectivos do goberno coa creación de áreas recreativas en Areas, no singular piñeiral de Baltar ou en Paxariñas.
Nesta dinámica de optimización dos recursos, a protección da flora e das dunas teñen un peso específico no informe. Así, prevese seguir mellorando no valado e nas pasarelas de acceso, respectando o ecosistema dunar en praias como Major, Montalvo, Areas e Foxos. Ademais, de abordar a eliminación de plantas invasoras e a protección da flora autóctona. Unha formulación que leva ademais a realizar tarefas de mantemento e conservación no resto das praias.
Finalmente, apóstase tamén por seguir mellorando os módulos das praias, concretamente coa colocación de dous novos baños, que permitirá igualar a imaxe e servizos nas praias.
En canto ao balance do control das augas realizado o pasado verán e recolleito no informe, cabe destacar que dos 424 controis realizados por Sanidade, 415 obtiveron o resultado de excelente, 7 de bo, 1 de suficiente e 1 de insuficiente.
O CONCELLO PLANEA DIXITALIZAR OS CARTEIS INFORMATIVOS DAS PRAIAS E CREAR UNHA ÁREA RECREATIVA EN BALTAR
powered by social2s