Concello de Sanxenxo - OS CEMITERIOS DO MUNICIPIO PÓÑENSE A PUNTO CON MOTIVO DO DÍA DE DEFUNTOS E O DÍA DE TODOS OS SANTOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O departamento de Obras e Servizos realiza unha revisión dos puntos de luz dos camposantos e dos accesos aos mesmos

Cun escenario distinto ao do ano pasado que estivo marcado polas limitacións de aforo, os seis cemiterios do municipio póñense a punto para a celebración o próximo fin de semana do Día de Defuntos e o Día de Todos os Santos. Os traballos deron comezo xa hai días nos dous camposantos de titularidade municipal, o de Dorrón e o de Sanxenxo, co pintado da porta de entrada, a poda e limpeza de zonas ou espazos comúns. O xel desinfectante manterase nas entradas como medida de prevención e o uso da máscara será obrigatorio, senón se garda a distancia de seguridade con persoas non conviventes. En ambos cemiterios ampliarase o horario de apertura o Día de Todos os Santos, de 8 a 21 horas, para facilitar o acceso das visitas.

Desde os distintos departamentos municipais, Obras e Servizos e Medio Ambiente, colabórase cos xestores dos cemiterios de Bordóns, Nantes, Portonovo, Noalla e Vilalonga, en tarefas de limpeza, así como cos traballos de mantemento que sexan precisos. Operarios municipais revisan estes días as zonas axardinadas e comúns para que estea todo en perfecto estado. O departamento de Obras e Servizos está a realizar unha revisión dos puntos de luz dos seis cemiterios do municipio, así como dos viarios de acceso para reforzar a seguridade viaria e interior do camposanto. Tamén se revisan os puntos de auga para que estean en perfecto estado de funcionamento, especialmente en días nos que se reforza a limpeza nos panteóns por parte das familias.

0
0
0
s2sdefault