Concello de Sanxenxo - O CONCELLO ABRE O CONCURSO TIK TOK CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO Á POBOACIÓN
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O vídeo deberá ser inferior a un minuto e o prazo máximo de presentación conclúe o 15 de novembro
 
 
Co obxectivo de involucrar a toda a poboación de Sanxenxo na loita contra a violencia de xénero, o Concello de Sanxenxo, unha vez rematada a fase de formación e elaboración de vídeos nos institutos municipais, abrirá o concurso de Tik Tok a toda a cidadanía. A iniciativa impulsada desde o Centro de Información á Muller de Sanxenxo (CIM) forma parte das actividades que se desenvolverán no marco do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres o próximo 25 de novembro.
 
Os participantes poderán facelo de forma individual ou colectiva cun vídeo inédito que será inferior a 1 minuto e superior a 20 segundos sobre algunha temática relacionada coa prevención da violencia de xénero e as violencias machistas. Deberán seguir o perfil @tiktoksenviolencias.sxo e aceptar o perfil como seguidor. Cada participante deberá publicar o vídeo na súa conta persoal co título elixido e o hashtag #tiktoksenviolencias, así como mencionar o perfil municipal. Finalmente, deberán enviar o vídeo cos seus datos persoais ao correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., poñendo como asunto Tiktoksenviolencias.
 
O prazo máximo para presentar os vídeos é o 15 de novembro e outorgaranse tres premios. O primeiro estará dotado cun Apple Airpods; o segundo, cunha impresora fotográfica portátil Xiaomi mi Portable photo printer e o terceiro, cun altofalante wifi intelixente. O xurado valorará a adecuación da peza á temática do concurso, a orixinalidade do vídeo, o potencial sensibilizador da peza e a capacidade para convidar á reflexión sobre as violencias machistas e a capacidade para sintetizar e comunicar os contidos aprendidos nas sesións formativas do concurso no caso dos institutos.
0
0
0
s2sdefault