Concello de Sanxenxo - UN TOTAL DE 116 MAIORES INSCRIBÍRONSE NO PROGRAMA DE ACTIVIDADES FÍSICA, DEPORTIVA E DE SAÚDE DE SANXENXO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 
As actividades impártense no campo de fútbol ou no pavillón de Baltar, dependendo da meteoroloxía
 
Un total de 116 maiores inscribíronse no programa de actividades física, deportiva e de saúde de Sanxenxo que mantén aínda o prazo de inscrición aberto. A actividade gratuíta para os veciños e veciñas do municipio leva realizándose de forma ininterrompida desde 1999 cun importante éxito de participación. 
Os maiores divídense en 3 grupos no que se inclúen participantes das sete parroquias do municipio en clases dunha hora de duración, os luns e xoves e os martes e venres, de 10 a 11 e de 11 a 12 horas. O obxectivo é mellorar as condicións físicas dos participantes cada día de adestramento sen esquecer os importantes beneficios da actividade para o seu estado psíquico.
 
O concelleiro de Deportes, Daniel Arosa, recalca que os "beneficios para os participantes son moitos, tanto a nivel físico como psíquico, xa que practicando exercizo melloran tamén o seu estado de ánimo e aumenta a súa socialización".
 
Durante os adestramentos, que se adaptan ao estado físico de cada participante, trabállase a forza, a resistencia, a flexibilidade, a coordinación e a concentración. As sesións realízanse no campo de fútbol e o pavillón de Baltar, en función da meteoroloxía.
 
Taller memoria
Outra das actividades dirixidas aos maiores do municipio é o Taller da memoria que conta na actualidade con 120 inscritos das 7 parroquias. En Portonovo e en Noalla rexístrase o maior número de participantes con tres e dous grupos, respectivamente. Durante as clases, se practica a lectura, a escritura, a memoria e cálculo mental. Ademais, realízanse andainas, excursións culturais e actividades lúdicas para favorecer a socialización entre os participantes.
 
0
0
0
s2sdefault