Concello de Sanxenxo - O OBRADOIRO DE HOSTALERÍA DO SALNÉS ALCANZA A SÚA 13 EDICIÓN COMO MOTOR DE INSERCIÓN LABORAL NA COMARCA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 
Un total de vinte alumnos de sala e de cociña formaranse durante os próximos nove meses nas instalacións do Real Club Náutico
 
O Obradoiro de Hostalería do Salnés celebra a súa décimo terceira edición como motor de inserción laboral na comarca. Un total de 20 alumnos de sala e de cociña formaranse durante os próximos nove meses nas instalacións do Real Club Náutico de Sanxenxo baixo o mando dunha nova directora, Carmen Germade; a titora, Ana Lorenzo, e os profesores de Cociña e Sala, Paco Caneda e Pilar Amoedo.
 
O alcalde, Telmo Martín, xunto ao delegado da Xunta de Galicia, Luis López; a presidenta da Mancomunidade do Salnés, Marta Giráldez, e o xerente do organismo, Ramón Guinarte, inauguraron esta mesma mañá a actividade co respaldo de representantes políticos da Illa, Meaño e Ribadumia e de colectivos turísticos e económicos, como o CETS de Sanxenxo, Emgrobes do Grove e Zona Centro de Cambados. "Estamos encantados de que Sanxenxo sexa a sede deste obradoiro que forma cada ano a tantas persoas que acaban traballando non sector turístico e da hostalería. Cremos na mellora constante e esta pasa pola profesionalización e a excelencia no servizo", asegurou Martín.
 
Máis de 400 alumnos pasaron por este taller e obradoiro nos últimos 15 anos cunha porcentaxe do 100% en inserción laboral. Non é de estrañar que o xerente da Mancomunidade do Salnés, Ramón Guinarte, referísese á actividade como o "proxecto estrela" do organismo. "Somos unha potencia turística polo que o notable alto non é suficiente", asegurou. Ademais, incidiu en que "este obradoiro supón unha saída profesional de gran nivel e con moito futuro con máis de 100 ofertas laborais por cada promoción de alumnos".
 
Pola súa banda, o delegado da Xunta destacou o "gran acerto" na selección de alumnos e alumnas do Obradoiro tras un proceso "duro e exhaustivo". "Cónstame que veñen con moitas gañas de aprender e que haberá resultados excelentes", asegurou. En canto ás instalacións, incidiu "son unha envexa" para calquera outro obradoiro.
 
A presidenta da Mancomunidade do Salnés, Marta Giráldez, pechou a quenda de intervencións. "Estamos no epicentro turístico do norte de España, de Galicia e do mundo. A comarca vender soa pero só quédanos ofrecer a excelencia nos servizos", asegurou. Giráldez desexou "sorte" aos alumnos e asegurou que "están nas mellores mans de profesionais".
 
0
0
0
s2sdefault