Un total de 40 alumnos do Taller da Memoria de Sanxenxo acompañados do concelleiro de Servizos Sociais, Deportes e Xuventude, Daniel Arosa, visitaron esta semana o Pazo de Quintáns. Repartidos en tres grupos percorreron as distintas zonas das instalacións e coñeceron os usos orixinarios aos que se destinaban as salas. A visita concluíu nos xardíns interiores nos que os alumnos aproveitaron para realizar diversas imaxes como recordo.
Ao longo de todo o verán, o Pazo de Quintáns recibiu a numerosos veciños e visitantes dentro das xornadas de portas abertas promovidas polo Concello, e realizadas na súa maioría pola concelleira de Cultura e Educación, Paz Lago, para dar a coñecer a rehabilitación do edificio. A folla de ruta marcada polo Concello é convertelo nunha segunda fase e un investimento de 1,7 milloesen un Centro de Referencia de Gastronomía das Rías Baixas, na que se inclúe a recuperación do xardín botánico, o hórreo, o acondicionamento da parcela para estacionamentos e a instalación dunha carpa acristalada para a celebración de eventos.
O Pazo, declarado Ben de Interese Cultural, loce xa, tras a primeira fase, unha nova carpintaría interior, coa remodelación dos seus edificios e o acondicionamento da praza e o patio interior, tras un investimento de 1,8 millóns,
OS ALUMNOS DO TALLER DA MEMORIA VISITAN O PAZO DE QUINTÁNS
powered by social2s