Concello de Sanxenxo - O VÍDEO DA ASOCIACIÓN MULLERES RURAIS "A CANDELARIA" GAÑA O PRIMEIRO PREMIO DO CONCURSO #TIK TOK SEN VIOLENCIAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O segundo foi para "Non é amor, é control", do alumnado de 3º da ESO do IES Vilalonga e o terceiro, para "Humor vacío", de Paula Besada, alumna de 2º da ESO do IES Vilalonga
 
Sanxenxo acolleu esta tarde no Pazo de Emilia Pardo Bazán o fallo do concurso "Tik Tok sen violencias" convocado polo CIM con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Unha actividade aberta a toda a poboación do municipio, pero con especial atención aos centros educativos nos que se realizaron dúas sesións formativas co obxectivo traballar a sensibilización coa igualdade dos adolescentes de forma dinámica e visual. 
 
O xurado desvelou esta tarde o tres gañadores das 18 pezas totais que se presentaron ao concurso. Na súa valoración tiveron na adecuación do traballo á temática; a orixinalidade; o potencial sensibilizador e a capacidade para convidar á reflexión contra as violencias machistas, ademais da capacidade para sintetizar e comunicar os contidos. 
 
Así, o primeiro premio foi para o vídeo, "Non é cuestión de xénero, é cuestión de educación", da Asociación de Mulleres Rurais "A Candelaria" que levaron un Apple AirPods de 2ª Xeración; o segundo, foi para "Non é amor, é control" do alumnado de 3º da ESO do IES Vilalonga, cunha impresora fotográfica para o móbil,  e o terceiro, para "Humor vacío", de Paula Besada, alumna de 2º da ESO do IES Vilalonga, cun altofalante wifi intelixente 3ª Xeración Alexa. O resto de participantes recibiron tamén un recoñecemento para agradecer a súa implicación e o seu esforzo polos traballos presentados.
 
O acto concluíu co espectáculo da meiga Fany, "Igualdade, onde estás", financiado polo Ministerio de Igualdade dentro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
 
0
0
0
s2sdefault