Concello de Sanxenxo - O GOBERNO LEVARÁ AO PLENO DE HOXE A ADHESIÓN DE SANXENXO Á CAMPAÑA NACIONAL "MUNICIPIOS CONTRA OS MALOS TRATOS"
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 
Trátase dunha iniciativa de Antena 3 e a Fundación Mutua Madrileña coa que se busca visibilizar a loita contra a violencia de xénero, con novas políticas e liñas de acción
 
O goberno levará ao Pleno ordinario de hoxe a adhesión de Sanxenxo á campaña nacional "Municipios contra os malos tratos", impulsada por Antena 3 Noticias e a Fundación Mutua Madrileña. Con esta campaña, Sanxenxo declararase municipio de tolerancia cero contra a violencia de xénero e comprométese a pór en marcha medidas que visibilicen esa causa e que contribúan a eliminar a violencia de xénero no municipio.
A adhesión á iniciativa "Municipios contra os malos tratos" compromete a Sanxenxo, entre outros aspectos, a impulsar a aprobación polo Pleno municipal dunha declaración que textualmente recolla esta mensaxe: "Este é un municipio que contra os malos tratos ás mulleres ten tolerancia cero. Protexerase ás vítimas e colaborarase a perseguir aos maltratadores coa Xustiza e coa Policía. E realizaranse todos os esforzos que poida realizar este Concello para evitar que neste municipio se produzan malos tratos ás mulleres".
Ademais, entre outros compromisos algúns xa materializados polo concello, instalarase polo menos, un sinal de "Municipio Contra os Malos tratos. Tolerancia Cero", nunha área visible á entrada ou nunha zona céntrica de Sanxenxo de especial visibilidade; imprimiranse mensaxes contra a violencia de xénero nalgún dos seus pasos de peóns; colocarase cartelaría formativa dirixida aos mozos e promoverase, polo menos unha vez ao ano, charlas sobre como actuar en caso de ser vítima de violencia de xénero. Ademais, en caso de producirse unha vítima mortal de malos tratos, o Concello decretará loito oficial e promoverá unha concentración ás portas do Concello.
 
A campaña, que acaba de ser incluída entre os premiados nos Recoñecementos da Garda Civil na categoría de educación conta co respaldo de máis de 150 municipios españois.
 
 
0
0
0
s2sdefault