Concello de Sanxenxo - AS OBRAS DE URBANIZACIÓN DO REVEL CULMINAN CUN NOVO PULMÓN VERDE PARA SANXENXO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O alcalde, Telmo Martín, acompañado do deputado provincial, Santos Héctor, visitaron esta mañá o final dos traballos
 
Sanxenxo conta cun novo pulmón verde na zona de maior equipamento público do municipio en Vilalonga. As obras de urbanización do Revel concluíron nestes días coa plantación dun total de 169 árbores e plantas de máis dunha vintena de especies diferentes como camelias, rodendros, piñeiros, palmeiras, cedros azuis, cedros Himalaya, loureiros, azaleas, magnolios...
 
O alcalde, Telmo Martín, e o deputado provincial, Santos Héctor, acompañados de membros do goberno local e provincial, supervisaron esta mañá o resultado final dos traballos na urbanización que vertebra unha superficie total de 73.000 metros cadrados e conta co maior equipamento público do municipio. Unha actuación, financiada con 900.000 euros do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e con 300.000 euros de fondos do propio Concello.
 
A obra consistiu na execución de catro viarios, tres deles conflúen nunha rotonda, que enlazan o ámbito coas zonas adxacentes e están dotados de dous carrís de tráfico rodado de 3 metros, amplas beirarrúas para peóns a ambas as marxes e unha ampla zona de estacionamento, con 82 prazas. A actuación completouse cos traballos de abastecemento de auga, subministración de enerxía eléctrica, incluídas as instalacións de condución, transformación, distribución e iluminación pública, así como mobiliario. Co axardinamento e o acondicionamento das zonas verdes, que contan con senllas iluminadas, concluíuse a urbanización de O Revel.
 
"Hoxe damos un paso máis nesta obra coa culminación da obra e a creación dun novo pulmón verde no municipio con case 200 árbores e prantas de ata unha vintena de especies diferentes. Cando estean en floración convertíranse nun verdadeiro espectáculo visual e olfativo. Será unha zona de lecer e de gozar que convidará aos paseos á beira do regato e ao descanso", indicou o alcalde.
 
O rexedor agradeceu a implicación da Deputación de Pontevedra cos veciños e veciñas de Sanxenxo. "Temos moitas obras transformadoras como esta en carteira e que serán realidade proximamente: A humanización da contorna do colexio de Portonovo, a estrada da Adina ou a senda de Noalla. Probas de colaboración entre administracións", indicou.
 
Pola súa banda, Santos Héctor agradeceu que "Os Plans Concellos se invirtan en obras transformadoras dun espazo como esta" e destacou a "importancia vexetativa desta parte final da obra coa prantación de 169 árbores e prantas".
0
0
0
s2sdefault