Concello de Sanxenxo - SANXENXO DUPLICOU EN 6 ANOS A PARTIDA DESTINADA AO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR QUE ALCANZARÁ EN 2022 UN TOTAL DE 655.200 EUROS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 
A área de Servizos Sociais contará cun orzamento de 2.288.395 euros o próximo exercicio
 
O investimento social continúa en ascenso no Orzamento de Sanxenxo para 2022 cunha partida total de 2.288.395 euros nos que se inclúe as dúas gardarías, o Centro de Día, o Servizo de Axuda no Fogar, a escola de adultos e servizos sociais. Unha cifra que supón 131 euros de gasto social por habitante, moi superior a outros concellos da contorna.
 
A aposta por esta área queda patente nos distintos departamentos que a integran como é o caso do Servizo de Axuda no Fogar. O Concello contempla nas contas de 2022 todas as horas concedidas pola Xunta de Galicia para o SAF e que suporá a prestación de 2.681 horas fronte ás 2.212 actuais. Este reforzo permitirá reducir a lista de espera do servizo que na actualidade supera as 50 familias e un investimento total de 655.200 euros, o dobre respecto de 2016.
 
Outra partida importante, 580.000 euros, destinarase ao servizo das dúas gardarías municipais, a do  Tombo e a do Revel, cuxa xestión saíu a licitación este mesmo ano cun orzamento maior e para dar servizo a 99 nenos e nenas. Para o Centro de Día municipal que conta na actualidade con 48 usuarios órzanse 429.000 euros. Os usuarios pagan unha media de 130 euros, transporte incluído. Para a Escola de Adultos as contas municipais reservan unha partida de 72.782 euros. O plan de emerxencia social é outra área importante dentro deste servizo con case 40 familias que solicitan esta axuda para o pago do aluguer, recibos ou alimentos. A esta área destínanse 55.000 euros.
 
O resto do orzamento destínase a outros servizos sociais como educación familiar, CIM, Omix, Asistencia social, Programa de Inserción Social, entre outros.
 
 
0
0
0
s2sdefault