Concello de Sanxenxo - CONCELLO E ARCEBISPADO ACORDAN FINALIZAR O DESENVOLVEMENTO E EXECUCIÓN DO PEI-17 QUE SE DESTINARÁ A VIVENDAS PARA XOVES
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A adquisición de 3 parcelas que suman 6.592 metros cadrados permitirá promover a construción de 50 pisos de protección oficial en pleno centro do municipio
 
O alcalde, Telmo Martín, asinará nos próximos días a novación do contrato de compravenda de 3 parcelas ao Arcebispado que fixa un novo prazo para o desenvolvemento e a execución dos terreos onde está previsto construír vivendas para xoves. En total trátase de 3 parcelas de 2.144 m2, de 280 m2 e unha máis grande de 4.168 m2.
 
O acordo de compravenda remóntase a 2006, pero tras permanecer paralizado o desenvolvemento do ámbito durante varios anos, retómase agora con parte do acordo xa executado, tras o abono de parte do prezo fixado e de obras que supoñen máis da metade do prezo de adquisición e urbanización do ámbito que ascende a un total de 1.547.850 euros.
 
Para a promoción das vivendas que se podería realizar a través do Concello ou da Xunta é preciso levar a cabo unha serie de trámites urbanísticos para os que o acordo de compravenda fixa un prazo máximo de 4 anos. O goberno xa iniciou a xestión do plan especial do ámbito, ao que deberá seguir o proxecto de equidistribución, urbanización e, finalmente, a urbanización material do ámbito. O PXOM xa contempla que, unha vez desenvolvido este espazo, un viario vertebre a zona dando continuidade á Rúa dos Poetas Galegos.
 
Unha vez efectuada esta tramitación que podería alcanzar os 4 anos, deberase decidir que sexa o Concello o que promova as vivendas para xoves ou se encargue a Xunta de Galicia. En todo caso, o obxectivo do goberno é sumar ás VPO que xa existen no municipio, en Baltar e en Progreso, esta nova bolsa que podería acoller ata 50 vivendas para xoves.
 
0
0
0
s2sdefault