Concello de Sanxenxo - SANXENXO OPTARÁ A UNHA AXUDA DA XUNTA DE 134.000 EUROS PARA IMPLANTAR COLECTOR MARRÓN E REFORZAR A COMPOSTAXE
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O alcalde, Telmo Martín, e a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, visitaron esta mañá o Punto Limpo Móbil en Dorrón
 
Sanxenxo presentará un proxecto ás dúas liñas de axudas que puxo en marcha a Consellería de Medio Ambiente no marco da estratexia Galega de Biorresiduos e Residuos Municipais 2022-2023 co que podería optar a unha subvención de 134.000 euros. O obxectivo que se marca Sanxenxo é alcanzar a separación do 55% de residuos orgánicos en 2025 coa implantación do colector marrón e o reforzo na compostaxe.
 
O alcalde, Telmo Martín, xunto á conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez; o concelleiro de Medio Ambiente, Juan Deza, e os edís de Urbanismo, Flavia Besada, e de Obras e Servizos, Óscar Vilar, visitaron esta mañá o Punto Limpo Móbil situado actualmente en Dorrón, enfronte da Casa de Cultura, tras pasar polas parroquias de Vilalonga, Noalla e Padriñán. Martín destacou os bos resultados obtidos desde a posta en marcha do punto limpo móbil a primavera do ano pasado. "As administracións debemos facilitar as ferramentas para que os veciños reciclen e separen os residuos, pero é moi importante a responsabilidade individual. E este caso é unha boa mostra da implicación de ambas as partes", explicou.
 
Os residuos máis comúns recollidos no Punto Limpo Móbil ata agora foron as pilas (50 quilos), móbiles (25), ferros (38), secadores (53), cargadores móbiles (73) e tóneres (80), pero tamén cables, luces de nadal, sandwicheras, enchufes... A próxima parada, dentro de aproximadamente dous meses, será Noalla na contorna da Lanzada.
 
A conselleira aproveitou a visita para anunciar a publicación no DOG da liña de axudas por valor de 13,5 millóns de euros enmarcadas dentro da Estratexia Galega de Biorresiduos 2022-2023 e agradeceu "a sensibilidade do alcalde e ou seu equipo de goberno co medio ambiente conseguindo importantes cifras de reciclaxe". 
0
0
0
s2sdefault