Concello de Sanxenxo - O CONCELLO MELLORA A SEGURIDADE VIARIA EN BORDÓNS COA CONSTRUCIÓN DUN NOVO MURO E O ENSANCHE DUN VIARIO NA LAMELA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A actuación, valorada en 25.499 euros, está previsto que conclúa nas próximas semanas

O Concello de Sanxenxo está a acometer unha mellora de seguridade viaria en Bordóns no lugar da Lamela. A actuación que conta cun orzamento de 25.499 euros céntrase na construción dun novo muro de mampostería, que funciona como contención, e o ensanche do viario ata os 4 metros. Os traballos de construción do muro está previsto que rematen esta mesma semana e, a continuación, procederase ao formigonado ao longo de 35 metros do camiño. Na parte máis alta, colocarase un valo e un banco que permitirá gozar das vistas do municipio desde esa zona.

O alcalde, Telmo Martín, e o concelleiro de Obras e Servizos, Óscar Vilar, visitaron esta mañá a actuación, así como outra zona no mesmo lugar da parroquia no que se prevé actuar en breve e que supón un problema similar a este no que xa se está traballando. Martín destaca "a boa colaboración veciñal para poder levar a cabo estes traballos coa cesión voluntaria de terreo para ampliar un camiño que agora será un viario en condicións".

Tamén en Bordóns, o pasado mes de setembro concluíron os traballos de recuperación da canle do río Sear e a mellora do cruzamento do camiño municipal que atravesa Dorrón. A actuación, que roldou os 30.000, euros ten o obxectivo de acabar coas inundacións provocadas polos desbordamentos periódicos do río debido á deficiente canalización do leito fluvial. A obra incluíu tamén a reposición da pavimentación que presentaba gretas e mesmo fochas na parte máis próxima ao río. Para mellorar a seguridade do tránsito peonil pola contorna instalouse na ponte unha varanda

0
0
0
s2sdefault