Concello de Sanxenxo - SANXENXO PRESTARÁ 32.172 HORAS NO SAF EN 2022 APOIADO POLO INCREMENTO DE FINANCIAMENTO DA XUNTA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O director de Asistencia Sociosanitaria, Antón Acevedo, anunciou xunto ao alcalde, Telmo Martín o reforzo de financiamento nas horas do Servizo de Axuda non Fogar

O director de Asistencia Sociosanitaria, Antón Acevedo, anunciou onte en Sanxenxo a publicación da nova orde de financiamento do Servizo de Axuda no Fogar no Diario Oficial de Galicia (DOG). Na comparecencia, acompañado do alcalde, Telmo Martín, explicou que a achega autonómica ao SAF pasará dos 9,7 euros/hora actual aos 12 euros/hora en 2024. Así, este ano e o próximo, a Xunta sufragará 11 euros/hora; no 2023, incrementarase até os 11,5 euros/hora; e no 2024 serán os 12 euros/hora. "O obxectivo é dar maior seguridade económica aos concellos e tamén máis calidade aos coidados profesionais a domicilio, que na actualidade reciben máis de 24.000 galegas e galegos", asegurou Acevedo.

A medida permitirá a Sanxenxo prestar 32.172 horas no Servizo de Axuda no Fogar en 2022. En total, 469 horas máis que en 2021 que permitirán incrementar os usuarios actuais, 55, e reducir a lista de espera. "As cifras demostran a aposta por este goberno por un servizo moi necesario e de gran axuda para moitas familias. Mañá aprobaremos un orzamento de 2022 que levará unha partida de 655.200 euros para o SAF, o dobre que en 2017", explicou o alcalde. O obxectivo que persegue o goberno é lograr unha lista de espera 0 e o reforzo de financiamento terá un efecto directo nas 53 familias que están pendentes de optar ao servizo.

A medida da Xunta de Galicia aplicarase con efectos retroactivos desde o día 1 de xaneiro deste ano polo que a Sanxenxo pertenceranlle 23.000 euros.

0
0
0
s2sdefault