Concello de Sanxenxo - DÚAS EMPRESAS OPTAN Á XESTIÓN DO CENTRO DE DÍA "VIRXE DO CARME" DE SANXENXO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Fundación SAMU e "Samain. Servizos á Comunidade" presentaron as súas ofertas para facerse co servizo municipal

Dúas empresas presentaron as súas ofertas para xestionar o Centro de Día Virxe do Carme de Sanxenxo: Samain Servizos á Comunidade e Fundación SAMU. O servizo saíu a concurso por 2.601.190,44 euros (IVE incluído) e un período de 4 anos. O concurso implica cambios no contrato tanto no prazo que pasa de 42 a 48 meses, como do valor, que se incrementa en case 500.000 euros. Na actualidade, as instalacións dan servizo a 48 familias, aínda que ten capacidade para 80 usuarios. O custo real dunha praza no centro de día é de 544 €, pero a gran maioría de usuarios abonan cantidades moi baixas: 8 familias non pagan nada; 5 familias entre 0 e 100 €;11 familias, entre 100 e 200 € e 7, entre 200 e 300 €.

A adxudicataria do servizo deberá reforzar cun auxiliar de xeriatría máis o persoal actual formada por 1 traballador social, 1 directora supervisora, 1 educadora social, 1 terapeuta ocupacional, 1 fisioterapeuta, 6 auxiliares de xeriatría, 1 ATS, 3 monitores socioculturais, 1 cociñeiro, 2 limpadoras e 2 condutores

O servizo do Centro de Día complementa o programa de atención domiciliaria, prestando unha atención integral e plural, en xornada diúrna, a aquelas persoas maiores que, aínda faltos da súa independencia ou autonomía, manteñen un medio de vida familiar suficiente ou unha contorna social que lles serve de apoio e que non lles fai precisar o seu ingreso nun centro residencial.

O horario de actividade será de luns a venres, desde as 9 horas ás 19:30 ao longo de todo o ano, excepto os días 24 e 31 de decembro e o 5 de xaneiro que pechará ás 16 horas. O servizo de transporte comezará a ruta ás 8:00 (hora de saída do centro) e finalizará ás 20:30 (hora de chegada ao centro). O centro permanecerá pechado os sábados, domingos e festivos.

As instalacións contan con diversas zonas de estancia, de actividades, de servizos xerais, un espazo axardinado de 700 metros cadrados e unha área para dirección e administración do centro.

0
0
0
s2sdefault