Concello de Sanxenxo - O MERCADO DE SANXENXO PECHARÁ DE LUNS A XOVES E REABRIÁ O VENRES NA NOVA LOCALIZACIÓN NA RÚA PROGRESO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O novo mercado temporal de Sanxenxo xa está case listo para acoller aos vendedores dos 7 postos fixos e as 60 bancadas de venda de produtos frescos. As tarefas de traslado á nova localización obrigarán a pechar de luns a xoves a praza, e a actividade reabrirase o venres na nova localización en Progreso.

O alcalde, Telmo Martín, acompañado do concelleiro de Economía, Marcos Guisasola, visitaron os traballos de acondicionamento que se combinan xa coas tarefas de limpeza por parte dos operarios municipais.

O local, que xa fora destinado á alimentación cun supermercado Eroski, foi adaptado nas últimas semanas ás necesidades dos vendedores da praza cun orzamento que roldou os 50.000 euros. Neste lugar está previsto que permanezan polo menos durante tres anos, prazo estimado para a construción do novo mercado.

O Concello habilitou no aparcadoiro disuasorio, situado no lateral do edificio onde está o mercado, un espazo que será destinado en exclusiva aos clientes da praza de abastos en horario de venda, de 8 a 15 horas, para dar facilidades de compra.

O seguinte paso será a derriba do actual edificio, unha vez realícese o estudo das 72 vivendas lindeiras. A demolición e o traslado da actividade permitirá retomar a circulación pola avenida de Madrid en dirección Pontevedra ata a rotonda de confluencia coa rúa Progreso, evitando que os vehículos teñan que subir polas rúas Cesteiros e Constitución para acceder á Rúa Progreso. Este cambio manterase unha vez construído o novo mercado e será compatible co acceso ao seu parking subterráneo para os vehículos que procedan de Dorrón e Bordóns.

O novo mercado ten un orzamento que supera os 4 millóns de euros e está previsto financialo con fondos da Xunta, Europa e municipais. O edificio contempla 1 planta subterránea de aparcadoiro, con capacidade para 40 vehículos, frigorífico, ascensor e montacargas. Haberá 6 plantas, a baixa e a primeira para o mercado e as catro restantes acollerán espazos comerciais, culturais e gastronómicos.

0
0
0
s2sdefault