Concello de Sanxenxo - SANXENXO REXISTRA A CIFRA DE PARO MÁIS BAIXA DE XANEIRO DESDE 2008 E CONTÉN A SUBIDA NO INICIO DE 2022
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A facturación do parking durante o pasado mes ascendeu a 16.661 euros, o dato máis alto en xaneiro desde a súa apertura

Sanxenxo sumou en xaneiro 11 novos parados máis que en decembro con 1.021 desempregados no municipio. Unha subida contida respecto doutros primeiros meses do ano no que o paro habitualmente dispárase como figura na serie histórica recollida no portal da Consellería de Emprego no que se reflicten incrementos con picos de 127 parados (2009), de 114 (2012) e de 86 (2014). E é que, pese ao incremento de poboación experimentado en Sanxenxo, as cifras de paro están mes a mes amortecendo as subidas marcando unha tendencia á baixa no desemprego do municipio.

O último informe elaborado polo Instituto Galego de Estatística sobre o directorio empresarial de Galicia 2020, publicado a pasada semana, reflicte un crecemento empresarial en Sanxenxo do 2,79% coa creación de máis de 121 empresas fronte ás 93 que pecharon as súas portas. Uns datos moi positivos e máis se se ten en conta que se produciron en plena pandemia. A posta en marcha do parque empresarial de Nantes, sumada a mellora das cifras turísticas en tempada baixa dos últimos anos está a permitir reducir os datos de desemprego de forma progresiva en Sanxenxo. Cabe lembrar que en 2021 e en apenas sete meses, o polígono empresarial creceu un 40% en número de empresas, entre as que están xa instaladas ou que se atopan en proceso de construción. "O plan B de Sanxenxo está a dar os seus froitos nas cifras de emprego do municipio ao igual que a aposta de Sanxenxo como destino de referencia tamén en tempada baixa", asegura o alcalde, Telmo Martín.

Outro termómetro para medir a evolución da economía no municipio é o parking público de Nauta. As cifras de facturación rexistradas no mes de xaneiro apuntan tamén na boa dirección coa recadación máis alta en xaneiro desde a súa apertura, 16.661 euros, e un total de 8.169 vehículos. Nestes momentos, 2.938 veciños xa se deron de alta para dispor de dúas horas gratuítas ao día. Unha medida que puxo en marcha o Concello de Sanxenxo en 2020 para facilitar aos veciños e veciñas empadroadas, as xestións e compras no municipio.

Nauta conseguiu estes resultados, a pesar de que se manteñen catro aparcadoiros disuasorios no municipio: Dous en Rúa Progreso, un con capacidade para 72 vehículos na confluencia con Cesteiros, e outro, á altura da nova rotonda, para 240 coches; a bolsa de aparcadoiro de detrás da igrexa do Templo Novo con 153 prazas e o que se atopa nunha parcela de O Tombo na que poden estacionar ata 240 vehículos.

0
0
0
s2sdefault