Concello de Sanxenxo - OS VENDEDORES DA PRAZA DE ABASTOS DE SANXENXO ARRINCAN A SÚA ACTIVIDADE NO NOVO MERCADO PROVISIONAL DA RÚA PROGRESO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O cambio de dirección da Rúa Madrid, enfronte do mercado, ponse en marcha con normalidade

Os vendedores da praza de Sanxenxo arrincaron á primeira hora desta mañá a súa actividade no novo mercado provisional da Rúa Progreso. Tanto os clientes como os praceiros mostráronse moi a gusto coa nova localización temporal e así llo trasladaron ao alcalde, Telmo Martín, e o concelleiro de Economía, Marcos Guisasola, durante a visita que realizaron ao novo establecemento a última hora da mañá.

O local, situado moi preto do antigo mercado, conta cun aparcadoiro disuasorio xusto á beira cunha zona reservada para clientes do mercado en horario de mañá para facilitar as compras. Algúns postos de peixe decidiron non abrir hoxe, pero o mercado conta de sete postos fixos e 60 bancadas nunha xornada habitual.

Nas próximas semanas, unha vez conclúase o estudo das 72 vivendas lindeiras do vello mercado, procederase á derriba do mesmo. O obxectivo, segundo apuntou, o alcalde é que en Semana Santa non quede xa nin resto do edificio na parcela. O novo mercado ten un orzamento de execución superior aos catro millóns de euros. A opción preferente do goberno para o financiamento do mercado son os fondos europeos xa que o proxecto obtivo unha boa puntuación. En calquera caso, o goberno xa mantivo contactos con outras administracións.

O novo inmoble distribúese nunha planta subterránea de parking -cunha capacidade para 40 vehículos-, frigorífico, ascensor e montacargas. Terá ademais seis plantas en superficie. A planta baixa e o primeiro piso destinaranse ao mercado. As catro restantes destinaranse a espazos comerciais, culturais e gastronómicos.

Doutra banda, o cambio de dirección da Rúa Madrid, xusto no tramo do vello mercado, púxose en marcha esta mañá con total normalidade. Unha patrulla da Policía Local controlou o tráfico na zona ante posibles descoidos de condutores.

0
0
0
s2sdefault