Concello de Sanxenxo - O IES DE VILALONGA ACOLLERÁ UN TALLER DE AUTODEFENSA E OUTRO DE MASCULINIDADES ESTE MES
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Serán o 15 e o 18 de febreiro a partir das 10:30 horas

O IES de Vilalonga acollerá o próximo 15 de febreiro unha xornada de formación en autodefensa para estudiantado de Formación Profesional. Terá lugar ás 10:30 horas e  unha duración de 3 horas. Tres días máis tarde, o 18 de febreiro, enfocado ao módulo de Mecánica de Vilalonga, está previsto un curso de formación sobre masculinidades. Por cuestións de espazo, tívose que cambiar o primeiro taller ao día 15, inicialmente previsto o 18.

A Policía Local de Sanxenxo recibirá formación para intervir en casos de violencia de xénero por parte da xuíza Paz Filgueira, titular do Xulgado de Violencia de Xénero en Lalín. Será o 21 de febreiro, ás 11 horas, nas dependencias municipais da Policía Local.

As actividades están financiadas con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero.

0
0
0
s2sdefault