Concello de Sanxenxo - SANXENXO REFORZARÁ O PERSOAL MUNICIPAL CON 42 OPERARIOS E ADMINISTRATIVOS A TRAVÉS DO PLAN CONCELLOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Suporá un investimento total de 264.757 euros, 258.272 euros achegaraos a Deputación de Pontevedra e 6.485 euros con fondos municipais

O Concello de Sanxenxo enviou á Deputación de Pontevedra a solicitude para contratar un total de 42 persoas, a través do Plan Concellos, tres máis que en 2021.

Así pois, ao amparo desta liña, poderase reforzar o persoal municipal nos ámbitos municipais de servizos administrativos, parques e xardíns, limpeza de praias e espazos públicos. Concretamente empregaranse a 39 peóns, cun contrato de 5 meses de duración e a 3 auxiliares administrativos, cun contrato de 6 meses de duración para Rendas, Urbanismo, Padrón e Catastro

Dentro dos servizos administrativos, os traballadores realizarán, entre outras, tarefas de atención cidadá de carácter informativa de servizos, organismos e funcionamento do Concello, domiciliación de impostos, notificacións, trámites catastrais, certificados de empadroamento, modificación de datos, así como outras materias relacionadas coa xestión de arquivo de documentos.

O contrato dos 42 traballadores suporá un investimento total de 264.757 euros, 258.272 euros achegaraos a Deputación de Pontevedra e 6.485 euros con fondos municipais.

Os primeiros operarios de Servizos incorporaranse ao traballo a partir do 15 de marzo para a posta apunto do municipio para Semana Santa e os administrativos está previsto que o fagan a partir do mes de abril.

O plan de emprego incluído na liña 3 do Plan Concellos é unha medida que permite a contratación de persoas desempregadas do municipio, que non estean a recibir prestacións e poidan ter así unha oportunidade de adquirir experiencia laboral que facilite a súa futura inserción no mercado de traballo.

0
0
0
s2sdefault