Concello de Sanxenxo - O CONCELLO DE SANXENXO HUMANIZARÁ A CONTORNA DA CAPELA DE SAN AMARO DE ARRA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O orzamento estimado da obra é de 47.563 cun prazo de execución de 3 meses

O Concello de Sanxenxo quere pór en valor a contorna da capela de San Amaro de Arra cun proxecto de humanización que mellore a urbanización nun núcleo poboacional con gran valor patrimonial. A escasos metros da ermida da Idade Media, atópase o Priorado de Arra que, no seu día, foi vivenda duns monxes benedictinos relacionados co Mosteiro de Armenteira e no que se investiron preto de 400.000 euros na súa rehabilitación. Co obxectivo de potenciar este núcleo antigo de poboación, o goberno porá en marcha esta actuación que mellorará a seguridade viaria na zona e embelecerá a contorna.

Na actualidade pódese apreciar o mal estado do firme, así como as acometidas aéreas de telefonía e de electricidade. As actuacións proxectadas terán como obxectivo mellorar o pavimento existente da zona, soterrar os cables aéreos de electricidade e telefonía e, mellorar a iluminación nocturna da contorna da capela e dos viarios de acceso. Conservaranse os niveis orixinais das rúas, para o que haberá que picar e levantar o pavimento existente para posteriormente, encher, compactar, abrir as gabias e rematar colocando o novo pavimento segundo cada caso, mantendo os desniveis e rasantes actuais. Tras as obras de urbanización as cotas dos viarios non presentarán cambios reseñables.

O Concello de Sanxenxo solicitou unha axuda á Xunta de Galicia dentro do plan de Fondo de Compensación Ambiental 2022 dotado cunha partida de 3.588.227 euros que se destinarán a distintos proxectos dentro da comunidade.

Previamente á humanización, o Concello de Sanxenxo prolongará a rede de saneamento e abastecemento de auga nesta contorna cun investimento total de 16.228 euros.

0
0
0
s2sdefault