Concello de Sanxenxo - VILALONGA DISPORÁ DUN EDIFICIO SOCIOCULTURAL, XARDÍNS E 64 PRAZAS DE APARCADOIRO NO ANTIGO COLEXIO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Concello encarga un proxecto que suporá a derriba dos 4 edificios máis vellos, a ordenación urbanística da parcela e a adaptación dun edificio como de uso sociocultural

O antigo colexio O Cruceiro terá novos usos polo que o goberno vai solicitar á Conselleria de Educación a desafectación destas instalacións. O obxectivo é crear un espazo lúdico e multidisciplinar para o uso diario dos veciños. A boa situación no centro da vila e a amplitude das instalacións, tanto da parcela como do edificio que se vai a conservar, permiten a creación de espazos e equipamentos para todas as idades, maiores, estudantes e familias.

O antigo colexio sitúase nunha parcela de 4.620 m2 na que hai cinco edificios e dúas pistas deportivas. Catro deles son moi vellos (1956 e 1965) polo que se van a derrubar o que permitirá gañar espazo para, entre outros usos, se dote a Vilalonga de 64 novas prazas de aparcadoiro. Hai un quinto edificio (1996) en moi bo estado que ten 1.820 m2 construídos, distribuídos en tres plantas (baixo + 2). Necesita reformas que non afectan a elementos estruturais.

A planta baixa acollerá un espazo de 360 m2 que se destinará a edificio sociocultural con cafetaría, escenario, zona de baile, camerino e servizos. (Achegar plano de distribución destas dependencias). Na planta baixa tamén se instalará a nova biblioteca cunha superficie de 220 m2. Cada unha destas dependencias ten a súa entrada independente e totalmente accesible. Enriba da planta baixa hai dúas plantas máis cunha superficie de 550 m2 cada unha que se destinarán a outros usos educativos.

O proxecto tamén contemplará a ordenación urbanística de toda a parcela do colexio (4.620 m2) que disporá de espazos públicos con xardíns e elementos lúdicos. O obxectivo é que o antigo colexio convértase nun equipamento multixeneracional para maiores, estudantes, nenos e familias en xeral. En definitiva, o antigo colexio de O Cruceiro ofrece polo menos catro vantaxes claras, a súa localización estratéxica no centro de Vilalonga á vez que é unha zona moi tranquila e segura, a reutilización dun edificio amplo e ben conservado que, ademais, permitirá adiantar o seu uso fronte ao longo proceso que sempre leva a construción de novas instalacións e a creación de 64 prazas de aparcadoiro a cen metros da rúa principal.

A recuperación deste espazo xunto á reforma prevista na Praza Pública de Vilalonga converteranse en eixo da actividade social e cultural da parroquia.

PLANO EDIFICIOS

PLANO CENTRO SOCIOCULTURAL 1

 

 

PLANO CENTRO SOCIOCULTURAL 2

0
0
0
s2sdefault