Concello de Sanxenxo - O CONCELLO RENUNCIA A SUBIR O TIPO IMPOSITIVO E APLICARÁ BONIFICACIÓNS NA NOVA ORDENANZA DE PLUSVALÍAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O goberno leva a Pleno extraordinario a desafectación de usos educativos as antigas instalacións de CEIP Cruceiro de Vilalonga

O goberno municipal levará ao Pleno extraordinario do próximo luns 28 de febreiro a nova ordenanza fiscal de plusvalías municipal coas directrices marcadas polo Real decreto Lei que entrou en vigor o 10 de novembro de 2021, pero con medidas municipais propias coas que se busca repercutir o mínimo posible no contribuínte. Así, a pesar do impacto na recadación, decidiuse manter o mesmo tipo impositivo do 26%, a pesar de que se podería ampliar ata o 30%.

A nova norma contempla bonificacións do 95% nas herdanzas de vivendas habituais sempre que estes sexan cónxuxes, descendentes e ascendientes en liña recta. A mesma bonificación aplícase nas transmisións de terreos de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórica-artísticas ou de fomento do emprego. No caso de bens inmobles que non sexan vivenda habitual aplicarase unha do 10%.

En canto aos coeficientes, o goberno fixa uns coeficientes máximos e o Concello decidiu reducir de 0,45 a 0,40 o do período de xeración de igual ou superior a 20 anos, para favorecer ás operacións mortis causa onde é habitual que os bens sexan da familia desde hai moitos anos.

Ao Pleno tamén levará a desafectación do antigo colexio O Cruceiro. O obxectivo do goberno é derrubar os catro edificios máis antigos e manter con uso o de máis recente construción e que se atopa en bo estado de conservación. Na planta baixa situarase, concretamente no ximnasio, a sede do club de xubilados de Vilalonga. As aulas anexas albergarán outros usos socioculturais como unha biblioteca.

Outro dos puntos a tratar será a renovación de adhesión ao convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias e a Deputación de Pontevedra en materia de prevención e defensa contra incendios forestais para o desenvolvemento do servizo municipal de Emerxencias de Sanxenxo durante o período 2022-2023.

0
0
0
s2sdefault