Concello de Sanxenxo - "FUNDACIÓN OXÍGENO" REALIZARÁ MAÑÁ UNHA CAMPAÑA DE RETIRADA DE PLÁSTICOS E RESIDUOS DE BALTAR E A LANZADA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A "Fundación Oxígeno" traerá mañá a Sanxenxo a súa campaña "Microplásticos, microbasura: A mar de limpo" cunha actividade dirixida aos escolares do municipio. O obxectivo é concienciar aos participantes sobre a importancia de coidar e protexer o litoral e o mar fronte a diferentes ameazas e problemáticas como verteduras ilegais, sobrepesca ou residuos depositados nas praias.

A actividade terá dúas horas de duración. Pola mañá, en horario de 9:30 a 13:45 horas, os alumnos de 5º e 6º de Primaria do colexio de O Telleiro e, pola tarde, de 15 a 17 horas, grupos de 3º e 4º E.S.O do colexio Abrente.

0
0
0
s2sdefault