Concello de Sanxenxo - O PARQUE EMPRESARIAL REFORZA A SÚA OFERTA DE EMPRESAS TÉCNICAS CUNHA FIRMA DE FORMACION E CONTROL DE CALIDADE DE CONSTRUCIÓN
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Eurotec Inspección iniciou estes días os traballos de escavación nas dúas parcelas nas que ten previsto levantar as súas 4 naves

Unha nova firma de I+D+i súmase á oferta do parque empresarial de Nantes. Trátase de Eurotec Inspección S.L., adicada a realizar probas de calidade en obras civís e en edificación, así como inspeccións de parques Infantís, áreas deportivas e equipamentos. Ademais, dispoñen dun amplo catálogo en actividades formativas especializadas.

A empresa iniciou estes días os traballos de escavación nas dúas parcelas nas que levantará as súas catro naves e prevese que estea en funcionamento a principios do ano 2023. Eurotec Inspección e Control iniciou en 2015 os seus servizos en Sanxenxo, Caldas e A Coruña, pero a intención da dirección é centralizar a súa actividade no parque empresarial de Nantes do que destaca "unhas vías de comunicación idóneas" para a súa actividade.

O polígono suma xa 50 parcelas ocupadas con proxectos empresariais e amplía o abanico de actividades económicas. O parque empresarial ten 261 parcelas para a actividade empresarial. A maiores, o Concello dispón dunhas parcelas que suman 48.704 m2 que, en principio, destinaranse a equipamentos públicos, entre os que destacan as novas sedes da Policía Local, o Servizo de Emerxencias e os servizos de mantemento, parques e xardíns.

O parque empresarial reúne polo menos 6 actividades económicas distintas, pero os sectores que máis destacan por número e a superficie que ocupan son a alimentación e os materiais de construción, con seis e sete empresas en cada un destes segmentos.

En alimentación destacan Mercadona con case 10.000 m2 ocupados, séguenlle Eroski con 6.000 m2 e Xesnova global con 4.800 m2. No segmento dos materiais de construción hai empresas de carpintaría de madeira, carpintaría metálica, granitos e louza sanitaria. Outro sector que destaca é o das enerxías renovables con Inelsa que, a maiores das dúas parcelas das que dispón, fixo unha alianza para a creación dunha fábrica de baterías de uso doméstico, outras presentes son actividades de loxística, un gran bazar, un tanatorio e unha gasolineira. A todas estas sumarase a principios do ano que vén Eurotec Inspección S.L.

0
0
0
s2sdefault