Concello de Sanxenxo - O CONCELLO DESCOBRE O SEU NOVO SINAL "SANXENXO LIBRE DE VIOLENCIAS MACHISTAS" EN PORTONOVO CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

Unha nova pancarta con motivo do 8-M lucirá durante toda a xornada no balcón do consistorio municipal

O Concello presentou esta mañá o seu novo sinal "Sanxenxo libre de violencias machistas" en Portonovo con motivo da celebración do Día Internacional da Muller. Unha iniciativa que leva a cabo dentro da campaña a nivel nacional de "Municipios contra os Malos tratos" de Antena 3 e a Fundación Mutua Madrileña.

A portavoz do goberno, María Deza, destacou durante a presentación que "o compromiso do goberno co fomento da igualdade e inequívoco e firme. Este sinal non vén máis que a referendar ás políticas que, dende o CIM, ou o Concello está a impulsar dende os distintos segmentos da poboación". Deza estivo acompañada das tres concelleiras de goberno, Paz Lago, Paula Martínez e Flavia Besada, do edil de Servizos Sociais, Daniel Arosa, así como representantes da Policía Local e da Garda Civil, a directora do CIM, Diana Názara, e a asesora xurídica, Beatriz Carreira.

O Concello de Sanxenxo aprobará no próximo Pleno ordinario o "V Plan de Igualdade e de prevención da Violencia de Xénero" que marca a "folla de ruta" en materia de igualdade e de prevención de violencia contra a muller. A estrutura do Plan recolle seis áreas de intervención cun total de 50 medidas de actuación, ademais de recoller a metodoloxía a seguir no seu proceso de elaboración, o procedemento de avaliación para coñecer o grao de execución de cada unha das medidas de actuación programadas. Ademais, Sanxenxo renovou o pasado ano o protocolo de actuación Viogén no que traballan en coordinación a Policía Local e a Garda Civil na atención e prevención de casos de violencia de xénero.

Durante toda a xornada, no balcón consistorial colgarase unha nova lona conmemorativa do Día Internacional da Muller e en redes sociais colgarase o manifesto institucional.

0
0
0
s2sdefault