Concello de Sanxenxo - OS MUNICIPIOS DA MANCOMUNIDADE DO SALNÉS ACORDAN MEDIDAS CONXUNTAS DE AXUDA HUMANITARIA A UCRAÍNA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A doazón de alimentos e medicamentos suspéndese a partir deste venres nos puntos de recollida

O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, acudiu esta mañá a unha reunión extraordinaria da Mancomunidade do Salnés para acordar medidas conxuntas de axuda humanitaria a Ucraína co obxectivo de que as actuacións resulten efectivas e eficaces:

1. Os concellos porán a disposición do Ministerio de Asuntos Exteriores, na medida das súas posibilidades, vivendas para familias de refuxiados ucraínos.

2. As persoas que o desexen e queiran colaborar con achegas económicas poderán facelo a través das ONG que están a traballar no país como son Cruz Roja, Acnur, Ocha (Oficina de Coordinación para Asuntos Humanitarios das Nacións Unidas), entre outras.

3. Co obxectivo de que a axuda se preste de forma coordinada, desaconséllase acudir ás fronteiras a recoller a familias porque está a xerar problemas de coordinación coas administracións competentes, o Ministerio de Asuntos Exteriores e as comunidades autónomas.

4. A partir deste venres, suspéndese a doazón de alimentos e medicamentos no punto de recollida de Nauta e no resto da comarca. Desaconséllase a entrega de medicamentos ante a imposibilidade de garantir que cheguen en correcto estado.

0
0
0
s2sdefault