Concello de Sanxenxo - SANXENXO ABRE O LUNS A SOLICITUDE DE INGRESO NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS CUN TOTAL DE 61 PRAZAS DISPOÑIBLES
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A atención educativa en O Tombo e O Revel será gratuíta para todas as familias grazas ao cofinanciamento do Concello e da Xunta

Sanxenxo abrirá o vindeiro luns o prazo de solicitude de novo ingreso nas escolas infantís municipais con 61 prazas dispoñibles dos 122 totais. O prazo conclúe o próximo 13 de abril. Como novidade e grazas ao sistema de cofinanciamiento do Concello de Sanxenxo e da Xunta de Galicia, o próximo curso a atención educativa será gratuíta para todas as familias. No servizo de comedor, o Concello colaborará coas familias en función da renda das familias dos usuarios.

Sanxenxo destina cada ano 570.000 euros ao servizo municipal das escolas infantís de O Tombo e O Revel, o que significa un investimento medio por usuario de 4.672 euros, que continuará financiando como ata agora. En Sanxenxo, a diferenza doutros concellos, as escolas infantís permanecen abertas os 12 meses do ano para axudar na conciliación das familias que traballan no sector turístico durante os meses de verán.

Os interesados deberán presentar as solicitudes na sede electrónica do O.A. Terra de Sanxenxo (https://terradesanxenxo.sedelectronica.gal). Para iso será necesario dispor de DNI electrónico, certificado electrónico ou sistema de autentificación Cl@ve. Opcionalmente, poderase presentar de forma presencial no Rexistro do O.A. Terra de Sanxenxo (Casa do Concello, rúa Madrid, 1) mediante o formulario normalizado dispoñible na páxina web do Concello e nas propias escolas.

Os nenos para os que se solicite a praza deberán cumprir o calendario de vacinación infantil. A formalización da matrícula deberá realizarse entre o 20 e o 30 de xuño. En canto ás prazas dispoñibles hai de 0-1 hai 24, de 1-2, hai 16 e de 2-3 hai 21 prazas.

ADMISIÓN E RESERVA PARA O CURSO 2022-23

0
0
0
s2sdefault