Concello de Sanxenxo - A IX MINI BTT CONCELLO DE SANXENXO REUNIRÁ ESTE DOMINGO A CASE 500 PARTICIPANTES NA CONTORNA DO CON DA ROMAÍÑA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A contorna do Con da Romaíña, no parque empresarial de Nantes, volverá converterse este domingo no escenario da IX Mini BTT Concello de Sanxenxo. Unha proba na que competirán ata seis categorías diferentes desde Prebenxamín ata Infantil. Case 500 participantes chegados de distintos puntos de Galicia participarán nos distintos percorridos do circuíto a partir das 10 horas, segundo a categoría e idade dos ciclistas.

O concelleiro de Deportes, Daniel Arosa, acompañado do presidente do Team Corbelo, Tomás Basdedios, e o tesoureiro do club ciclista, Ivan Pérez, supervisaron esta semana a contorna que se estaba acondicionando para a cita deportiva.

A proba organizada polo club local Team Corbelo en colaboración co Concello de Sanxenxo repartirá un total de 39 trofeos e 26 medallas. Os tres primeiros de cada categoría recibirán un trofeo e os que queden en 4ª e 5ª posición levarán unha medalla.

A Mini BTT Concello de Sanxenxo que se suspendeu os dous anos de pandemia volve agora con forza e consolídase no calendario deportivo do municipio. O circuíto habilitado na zona verde do parque empresarial de Nantes converteuse no escenario perfecto deste tipo de probas e de zona de adestramento de ciclistas locais.

O concelleiro de Deportes asegura que eventos como este demostra "o tirón que ten Sanxenxo a nivel deportivo e a variedade de disciplinas deportivas que se practican no municipio".

0
0
0
s2sdefault