Concello de Sanxenxo - O ALCALDE REÚNESE CON CETS E AVITURGA PARA ANALIZAR AS PERSPECTIVAS PARA SEMANA SANTA E AS ACTUACIÓNS PREVISTAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O alcalde, Telmo Martín, mantivo un encontro esta mañá co presidente do CETS, Alfonso Martínez, e a presidenta de Aviturga, Dulcinea Aguín, para abordar as perspectivas para a tempada alta e coordinar esforzos en materia de seguridade e limpeza que garantan tanto no ámbito público como privado a máxima calidade dos servizos.

O sector hostaleiro que abrirá ao 80% esta semana Santa presenta un bo nivel de ocupación. Martínez indica que as cifras oscilan entre o 60 e 75%, pero confía en que as posibles reservas de última hora cheguen a incrementar estes números. Aguín eleva a ocupación de vivendas de uso turístico dispoñibles en Semana Santa en Sanxenxo ao 80% e destaca o "alto nivel de reservas anticipadas" para o verán.

O Concello de Sanxenxo reforzará como xa é habitual a seguridade e o control de tráfico coa Policía Local e a limpeza dos espazos públicos nos que hai xa semanas realizouse un operativo integral de hixienización nos centros urbanos de Sanxenxo, Portonovo, Vilalonga e A Revolta. O alcalde expresoulles o seu compromiso de pór todos os esforzos necesarios para reforzar a limpeza, o coidado e o mantemento de praias e a seguridade cidadá de forma que se faga compatible o lecer nocturno e o descanso das familias.

O alcalde, Telmo Martín, incidiu en que "o verán pasado Sanxenxo quedouse moi preto do mellor ano turístico, 2019. Este ano o noso obxectivo é mellorar o 2019 e tanto o sector como o goberno sabemos que a mellor ferramenta é a calidade do servizo".

Cada tempada o Concello de Sanxenxo inviste máis dun millón de euros na posta a punto da tempada alta e a mellora dos servizos. Proba diso é o mantemento un ano máis da limpeza cada hora e media dos baños das praias ou o incremento de praias co servizo anticipado de socorristas en xuño.

0
0
0
s2sdefault