Concello de Sanxenxo - SANXENXO E SEO BIRDLIFE ASINARÁN UN CONVENIO PARA A CONSERVACION DAS AVES E A DIVULGACIÓN DA BIODIVERSIDADE DA REDE NATURA 2000
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A Sociedade Española de Ornitoloxía fixará a súa sede para Galicia no Centro de interpretación A Telleira

O Concello de Sanxenxo e a Sociedade Española de Ornitoloxía manteñen conversacións co obxectivo de establecer unha colaboración estreita para a conservación e a divulgación das aves e a biodiversidade do complexo intermareal e a Rede Natura 2000. Un espazo que abarca desde o istmo da Lanzada ao litoral da ría de Arousa, que inclúe un dos 9 humidais máis importantes de España, protexido polo convenio Ramsar, un selecto club do que forman parte máis dun milleiro de humidais no mundo.

Sanxenxo vai destinar 700.000 € dos fondos europeos Next Generation para a conversión da Telleira nun centro de interpretación do complexo intermareal no litoral da ría de Arousa. Por tanto, é un obxectivo prioritario a posta en valor desta zona, a súa conservación e a práctica do turismo ornitolóxico e de natureza.

SEO Birdlife é o mellor socio posible para conseguir estes obxectivos. É a ONG decana de España, creada en 1954, e ten como prioridade a educación ambiental e especialmente a conservación das aves silvestres e o seu hábitat. A idea é que SEO Pontevedra estableza a súa sede no Centro de Interpretación A Telleira para contribuír á posta en valor da zona e para colaborar na divulgación dos seus valores ambientais, de maneira que veciños e visitantes póidanse beneficiar do seu coñecemento da zona.

Outra liña de posible colaboración é a presentación xunto con outras comunidades autónomas, Canarias, Andalucía, Galicia, Asturias e SEO/Birdlife, a unha convocatoria do "Proxecto Experiencia Turismo de España" para a posta en valor da singularidade das aves atlánticas a través dunha ruta de sendeiros sustentables, dixitalizados e accesibles. O consorcio formado polas comunidades poderiamos aspirar a axudas de 2 M€, dos que 200.000 € destinaríanse a Sanxenxo.
Aves e natureza, en definitiva, paisaxe xunto ao patrimonio (Musealización Castro da Lanzada) e a gastronomía (Centro da Cultura Gastronómica no Pazo Quintáns) forman o tridente sobre o cal Sanxenxo quere impulsar o seu crecemento como destino turístico os 365 días do ano.

0
0
0
s2sdefault