Concello de Sanxenxo - SANXENXO VOLVE A PRESENTAR ALEGACIÓNS ANTE O MINISTERIO PARA INCLUÍR 8 ZONAS DE NOALLA, DORRÓN E NANTES NOS DESPREGAMENTOS DE FIBRA ÓPTICA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

O Concello de Sanxenxo volveu a presentar alegacións ante o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital en resposta á "Consulta sobre a identificación das zonas sen cobertura a máis de 30 Mbps, a máis de 100 Mbps e a máis de 300 Mbps para o ano 2022" para completar a información dispoñible sobre o estado das infraestruturas de fibra óptica en Sanxenxo. Nas alegacións incluíronse 8 zonas con problemas de cobertura nas parroquias de Noalla, Dorrón e Nantes, detectados coa realización do inventario de infraestruturas de telecomunicacións do municipio e que, polo momento, non se incluíron nos plans de despregamento.

O obxectivo que persegue o goberno local con esta actuación é que se aceleren os trámites e que estas solicitudes sexan tidas en conta nos próximos plans de despregamento de infraestruturas de fibra óptica en Sanxenxo. Cabe lembrar que o Goberno estatal é a única administración con competencias en telecomunicacións e que concede subvencións aos operadores para facilitar os despregamentos de fibra óptica alí onde non son rendibles.

Ademais, o alcalde, Telmo Martín púxose en contacto coa operadora concesionaria, Telefónica, para axilizar o despregamento de fibra óptica xa aprobado no Plan Único 2021 na zona costeira entre Montalvo e A Lanzada. O goberno de España dá un prazo á concesionaria ata o 31 de decembro de 2023, pero o Concello solicitou a Telefónica que priorice estes traballos, debido ao peso turístico do enclave.

Doutra banda, o Concello encargou a actualización da información dispoñible sobre novas infraestruturas recentemente instaladas na zona da Lanzada, e informará aos negocios de hostalaría da zona sobre o procedemento para solicitar os servizos. Con respecto ás recentes axudas da Xunta de Galicia para conectar negocios illados con fibra óptica, o Concello vaise a pór en contacto con posibles receptores das devanditas axudas para facilitarlles información para tramitar as solicitudes das mesmas.

0
0
0
s2sdefault