Concello de Sanxenxo - PORTONOVO CONTARÁ CUN NOVO ESPAZO BIOSAUDABLE E DE CALISTENIA EN CANELAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Os traballos deron comezo esta mañá coa retirada dos elementos de xogo infantil que se situaban neste espazo

Fomentar o deporte e crear espazos urbanos que faciliten a práctica de exercicio físico adaptado ás distintas idades son dous dos obxectivos que se marca o Concello de Sanxenxo coa creación dunha área biosaudable e de calistenia en Canelas.

O novo equipamento deportivo substituirá o parque infantil situado na Rúa Calvario que se atopaba xa moi deteriorado e responderá unha parte da poboación, novas e adultos, que demandan este tipo de espazos. Os traballos deron comezo esta mañá coa retirada dos elementos de xogo para poder estender o pavimento de caucho de entre 3 e 11 centímetros de espesor no espazo destinado a calistenia e de céspede artificial no resto da zona de aparellos biosaudables. Posteriormente, instalaranse xa os elementos de exercicio.

O parque contará cunha serie de módulos colocados de forma secuencial para que se vaia traballando os grupos musculares do tren superior e inferior e do tronco. Así, instalarase un elemento de calistenia nun espazo diferenciado dentro da mesma área deportiva e un parque biosaudable con bicicleta estática, unha roda grande, dous pedais estáticos, unha cadeira para adestrar pectorais, un esquí de fondo, un remo, un slalom, un xiro de cintura e uns patíns.

O custo do novo equipamento ascende a 40.000 euros dos que o 58,80% sufragarao a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural a través dunha subvención. O prazo previsto para que estea concluído é a finais do mes de maio.

0
0
0
s2sdefault