Concello de Sanxenxo - GONDAR RETOMA O PULSO FESTIVO COA XIII FESTA DA XUVENTUDE E A CELEBRACIÓN DE SANTO TOMÉ
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O recinto da festa estará cuberto por unha carpa con entrada libre

Gondar recupera esta fin de semana o pulso festivo coa décimo terceira edición da Festa da Xuventude e a tradicional celebración de San Tomé. O recinto da festa, no atrio da capela de Santo Tomé de Gondar, estará cuberto cunha carpa e a entrada será libre.

Tras dous anos de parón pola pandemia, a comisión de festas de Gondar propón, en colaboración co Concello de Sanxenxo, un potente cartel musical que dará comezo o venres a partir das 23 horas coas actuacións en directo de Danny Romero, Paco Vulkano, Víctor Rivas, Juanjo García, Dumore e Ench. O obxectivo do goberno é potenciar e apoiar citas festivas como estas que contribúan a dinamizar a actividade os 52 fins de semana do ano. Durante a velada, sortearanse en redes sociais 4 vales de tres copas consumir durante a Festa da Xuventude e dous tickets aventura no París Dakart de Sanxenxo. O agasallo máis curioso e novo será un porco.

O sábado 30 de abril, coincidindo coa véspera de Santo Tomé, celebrarase o XI Trofeo Festas Santo Tomé de Gondar que enfrontará a solteiros e solteiras contra casados e casadas no campo do Revel. Ás 22.30 dará comezo a verbena a cargo da orquestra Fania Blanco Show e o Trío Azar. Durante o transcurso da verbena, sortearanse unha estancia de 7 días e 6 noites no Gran Hotel Liber & Spa de Noja (Cantabria) para dúas persoas, un cordeiro, e un premio sorpresa.

O domingo 1 de maio, a festividade de Santo Tomé dará comezo cunha tirada de bombas e alborada co grupo de gaitas Os Cruceiros de Vilalonga e a Fanfarria de Furruxa. Ás 13 horas, celebrarase a misa cantada polo coro parroquial en honra ao patrón e, a continuación, realizarase a tradicional procesión. Tras a celebración litúrxica, haberá sesión vermú con música e pulpeiro.

 

festas gondar 2022

0
0
0
s2sdefault